O Concello de Tui
traballa na posta en marcha dun Plan de Reactivación Económica Local co que
facer fronte as consecuencias económicas derivadas da crise provocada polo
COVID-19. Consensuado por toda a corporación municipal esta actuación terá coma
principal destinatarios ás empresas e as persoas autónomas do municipio.
Co inicio da
desescalada o tecido empresarial e comercial terá que facer fronte a novos
retos derivados da nova situación que estamos a vivir.
A primeira medida
deste Plan de Reactivación está xa en marcha dende esta semana. Trátase da Oficina
COVID-19 que de xeito telemático funciona xa a través da web municipal, tui.gal.
Na mesma expertos de distintos ámbitos contestan as consultas e dúbidas que as
empresas e autónomos plantexen en relación
coa crise do COVID-19 e as axudas de carácter fiscal, laboral e económico dispoñibles.
Trátase dun servizo de atención personalizada a través de medios telemáticos,
no que está tamén dispoñible toda a información de carácter normativo
relacionado co COVID-19 de interese para empresas e autónomos.
Por outra parte
dende o Concello de Tui traballase na elaboración dun Plan de Choque de apoio
empresarial a nivel municipal. Toda a
corporación municipal está participando na súa elaboración e incorporará unha
serie de medidas concretas para axudar a contrarrestar os efectos negativos da
crise do COVID-19 no tecido empresarial local.
De forma paralela
púxose en marcha a Mesa de Reactivación Local de Tui formada por representantes
municipais e das empresas, asociacións empresariais e de autónomos. Trátase dun
foro de participación no que coñecer directamente as necesidades concretas e
propostas do sector para a activación económica do municipio.
Na primeira
reunión telemática – celebrada o venres 24 de abril – participaron 13
representantes de asociacións comerciais, empresariais e autónomos, xunto ao
alcalde, a concelleira de Comercio, e o concelleiro de Turismo. Amais de escoitar de primeira man as
necesidades do tecido económico local; os participantes presentaron las primeiras
propostas con medidas administrativas, económicas, tributarias, de prevención
de riscos laborais,… Estas propostas están sendo analizadas para poder
implementalas no Plan de Reactivación Económica de Tui.