lunes. 21.04.2025

Salvaterra foi  un dos primeiros e dos poucos concellos que premia a excelencia académica. Para este ano xa están aprobadas as bases dos Premios de Educación.

Os premios consisten en 14 lotes informáticos e 3 viaxes a Reino Unido, que serán entregados aos alumnos con mellores resultados de Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional dos centros educativos do municipio:

.Catorce lotes informáticos compostos por unha Tablet Samsung TAB A8 X200 64gb 10,5”, con funda e memoria micro SD 64gb, para @s alumn@s do 2º Ciclo Formativo de Grao Medio de Caldeirería e Soldadura, FP básica, 4º da ESO do IES Salvaterra así como para @s alumn@s de 6ª de Primaria do CEIP Infante Felipe, CEIP de Leirado e CEP Carlos Casares

Tres bolsas de estudos que consistirán nunha viaxe de tres semanas a Reino Unido durante o verán, na localidade de Worthing (costa sur do país) co fin, entre outros, de perfeccionar a lingua inglesa así como a inmersión na cultura. Inclúe a viaxe de ida e volta en vós directos dende Galicia, aloxamento en familia en réxime de pensión completa, curso de inglés Xeral de 3 semanas, material escolar, certificado de asistencia, actividades, tarxeta de transporte e seguros…, para o alumnado de 2º de Bacharelato.

Os ‘Premios de Educación do Concello de Salvaterra de Miño’ naceron co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os mozos. Un proxecto máis froito da interacción e colaboración entre os Centros Educativos do Municipio e o Concello, na procura de incentivar, animar e premiar o esforzo dos estudantes, hábito que marcará o seu futuro e que valorizarán como persoas e profesionais.

 Nese sentido e se cadra, agora máis ca nunca,  tendo en conta a situación que continuamos a vivir e a importancia que, se cabe áinda máis, haberemos de outorgalle a valores como os que este tipo de convocatorias pretende incentivar tales como o esforzo, loita, superación…, neste mundo cada vez máis difícil, competitivo e incerto. O Concello considera  necesario continuar mantendo estas iniciativas e convocatorias. Este ano coa satisfacción de poder recuperar as bolsas ao estranxeiro, que nas dúas últimas edicións houberon de ser subsituídas en virtude da situación de pandemia mundial que nos tocou vivir.

Salvaterra, quince anos premiando a excelencia académica
Comentarios