miércoles. 01.01.2025

O Concello de Salvaterra  de Miño  pon en marcha o seu programa anual de cursos e actividades de Xaneiro a Xuño de 2020. A Alcaldesa  Marta Valcárcel e o Concelleiro de Xuventude Edgar Martínez Philippon veñen de presentar recentemente o cartel da programación sinalando interesantes novidades para este ano.

 Dentro da variedade ofertada, se poden atopar distintas propostas, que van dende unha xornada de sesibilización de primeiros auxulios, un obradoiro para adultos sobre discapacidade e infancia, unha xornada atronómica, taichí, defensa personal feminina, ou un obradoiro para aprender a elaborar textos oficiais (currículos, instancias,etc). tamén haberá un curso de servizo de axuda no fogar e excelencia.

Ademáis repetirán actividades que xa tiveron éxito o ano pasado como son as clases de zumba, obradoiro de memoria e lectura para maiores de 60 anos ou 'English Speaking'.

Queda aberto o prazo de isncrición para as distintas

actividades, moi útiles tanto a nivel social, intelectual, deportivo, sanitario

ou laboral, xa que nos tempos que corren é fundamental dotar a poboación de

ferramentas aplicables á vida cotiá.

Dende o Concello anímase a todas esas persoas, xoves e

maiores, a participar nesta iniciativa saudable e formativa o alcance dun grupo

moi amplio de idades.

Máis información en [email protected]  ou en ventanilla no Concello.

Salvaterra fai pública a programación anual de cursos e actividades