O Concello de Ponteareas suma tres novos pases diarios da proxección do video mapping do Nadal logo do éxito de asistencia e da petición dos veciños e das veciñas. AsÃ, desde este martes 2 de xaneiro, o xogo de imaxes, luces e sons que rende homenaxe ás alfombras do Corpus Christi emitirase cada 30 minutos a partir das 19.00 horas e ata as 22.00 horas.
Coa ampliación do horario, a veciñanza e as persoas visitantes terán ata sete pases nos que poderán ser testemuñas de como os pétalos das flores, os deseños dos tapices e diferentes elementos do Nadal forman parte da fachada do Concello. O video mapping, que desde o 22 de decembro congregou xa a máis de 4.000 espectadores e espectadoras, proxectarase ata o 6 de xaneiro, dÃa incluÃdo.