viernes. 17.05.2024

As eleccións do pasado 28 de maio deixaron un reparto de concelleiros entre distintas forzas políticas no noso Concello sen que ningunha delas conseguira a maioría absoluta.

Así, o Partido Popular de Ponteareas e Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACIP, despois de distintas reunións de traballo e ante as necesidades dos veciños e veciñas da vila, chegan a un acordo de goberno para dar estabilidade ao Concello. 

Froito deste acordo, as partes pactan un goberno de coalición para afrontar o que resta de mandato 2023 - 2027 coas garantías e a estabilidade necesaria. 

A composición dos principais órganos de réxime interno do Concello e Ponteareas desde a data da sinatura será a que a continuación se detalla:

ALCALDIA 

Será presidida pola actual Alcaldesa do Partido Popular.

TENENTES DE ALCALDE 

• 1º Tenencia e 3º Tenencia para Alternativa Ciudadana de Ponteareas
• 2º Tenencia e 4ª para o Partido Popular 

XUNTA DE GOBERNO 

Estará composta por sete membros, catro do Partido Popular e tres de Alternativa Ciudadana de Ponteareas.

DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS 

• Partido Popular: Alcaldía, 3 dedicacións completas e unha parcial
• Alternativa Ciudadana de Ponteareas: 1 dedicación completa e 3 parciais (unha de las poderá ser ocupada por persoal de confianza).

CONCELLERÍAS DO GOBERNO MUNICIPAL

AS ÁREAS QUE CORRESPONDE XESTIONAR AO PARTIDO POPULAR:
- Concellería de Medio Ambiente, Urbanismo, Axenda 2030, Emprendemento, 
Innovación e Desenvolvemento Empresarial
- Concellería de Benestar Social, Igualdade, Saúde, Consumo e Colectivos LGTBIQ+
- Concellería de Comercio, Ensino e Letras nas aulas
- Concellería de Facenda, Réxime interior, Proximidade cidadá, Recursos Humanos, 
Modernización Tecnolóxica e Comunicación Institucional, 
- Concellería de Residuos Sólidos Urbanos, e Limpeza Viaria
- Concellería de Xuventude e Voluntariado
- Concellería de Desbroces, Parques e Xardíns

PP de Ponteareas y ACIP consiguen un pacto para dar estabilidad al gobierno de Nava...
Comentarios