O Concello de Salvaterra de Miño informa que acaba de saír publicada no Boletín Oficial da Provincia a licitación dos postos e Bancadas do Mercado Municipal de Abastos de Salvaterra de Miño.
O prazo para presentar as ofertas ábriuse o día 25 de novembro durante 30 días naturais. As proposicións deberán ser entregadas no Rexistro de Licitacións do Concello.
Con esta nova licitación o Concello pretende dinamizar e darlle vida a praza de abastos, que se implementa coas obras de semipeatonalización que se están realizando nestes intres na zona e que permitirán darlle unha nova imaxe e vida a contorna da praza de abastos.
Pescaderías, conxelados, asados e comida elaborada, panadería/pastelería, charcutería, frutería, productos de alimentación ecolóxicos / delicatessen, carnicería e postos libres son as ofertas que ofrece o concello para todos aqueles que queiran emprender ou ampliar o seu negocio, coa concesión de dominio público por 20 anos, prorrogables por un periodo máximo de 5 anos, con un prezos moi asequibles co fin de facilitar a concesión dos postos.
Para máis información consultar a sede electrónica do Concello de Salvaterra ou no perfil do Contratante do Concello de Salvaterra de Miño integrado na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia.