jueves. 05.12.2024

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado polos concelleiros de Vías e Obras e Urbanismo, Ramón Porto e Antía Carrera, presentaron este sábado ante os medios os resultados do estudo que recolle o estado actual da rede de saneamento en todo o termo municipal. Un Plan Director en base ao cal se elaborará a planificación técnica, financieira e temporal para a acometida integral da rede pública.

A planificación encargada polo Goberno Municipal determina con exactitude os tramos e actuacións pendentes de executar en cada unha das parroquias, así como a súa extensión, o número de vivendas sen conexión e orzamento necesario para executala. 

Plan Director Saneamento O Porriño
Plan Director Saneamento O Porriño

“Na actualidade faltan por 91.111 m de rede pública por acometer para dar servizo ás 1.611 vivendas que non contan con conexión e teñen que recurrir a sistemas individuais”, explicou o alcalde. Unhas cifras que para Lorenzo supoñen “que estamos fallando aos veciños e veciñas como administración, especialmente aos do rural, ao non prestarlles un servizo público que estamos obrigados a prestar”. 

“Falamos dunha investimento de 14.064.036 euros, algo inasumible para calquera concello, que impón un compromiso firme pola nosa parte”, continuou o rexedor, “Non estou aquí para facer política nin enganar á veciñanza prometendo cousas que non podo cumprir. Estou aquí para resolver e dar solucións, esa é a miña obriga e ese é o meu compromiso”. 

“Planificación fronte á improvisación para conquerir con maior eficiencia a financiación que nos permita que o saneamento chegue a todas as vivendas do Porriño no menor tempo posible”, concluíu o alcalde, e para iso, anunciou que levará ao pleno da corporación a dotación dunha partida de 500.000 euros para a elaboración dos proxectos de obra e solicitará ao Consorcio de augas do Louro que se inicie unha operación de crédito que permita costear parte do montante total da execución, así como a financiación por parte das restantes administracións. 

Cabe destacar que a eiva na prestación deste servizo básico no Porriño evidenciase máis en contraposición cos restantes concellos que forman parte do Consorcio de Augas do Louro, aínda tendo unha extensión similar: en Salceda completar o saneamento requeriría unha inversión de 7.347.246 euros, Tui 2.059.636 euros e Mos 1.478,914 euros.

 

O Porriño ten 91.111 m de rede pública de saneamento por acometer para dar servizo ás...
Comentarios