Nestes días se está a proceder á renovación de 8 áreas infantís do concello de Ponteareas no marco do plan de renovación de parques infantís municipais iniciado xa na anterior lexislatura.
A empresa adxudicataria retira nestas semanas os elementos deteriorados e procede á colocación dos novos xogos. O contrato para a mellora e renovación destas áreas infantís ten un custe total de máis de 95.000 € financiado con fondos propios a través do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.
O alcalde Xosé Represas explica que se actuará tanto en parques infantís do centro urbano como nos das parroquias procurando sempre a equiparación de servizos entre o rural e o centro urbano para que toda a cidadanía poida acceder en igualdade aos mesmos.
En
concreto no Parque das Pombas colocaránse un balancín doble, catro muelles
doble, un columpio nido, un tobogán, dous conxuntos multixogo, un columpio
bipraza mixto, un rocódromo e unha valla.
No
parque de Angoares un tobogán e unha zona multixogo, no de Arnoso un columpio
bipraza mixto, un muelle e un columpio multixogo e no parque infantil de Cumiar
un tobogán e un columpio bipraza mixto ademais dunha nova valla.
No
parque de San Roque procedeuse á colocación de dous conxuntos multixogo e un
mulle e no parque de Manuel Rodríguez un conxunto multixogo, un muelle, un
tobogán e un columpio.
Ademais, o parque da Freixa conta xa con tres muelles, un columpio e tres tobogáns
O
parque da praza da Música tamén foi obxecto de renovación e na semana pasada colocáronse un conxunto multixogo e unha caseta.
Todas
estas actuacións permitirán ás familias contar con espazos renovados nos que as
nenas e os nenos poidan desfrutar de tempo para compartir xogos.
Os
diferentes elementos colocados dan cobertura ás diferentes idades infantís
dende os 2 aos 12 anos.
Represas
explica que o seu goberno traballa en colaboración cos colectivos e veciñanza
en xeral para que Ponteareas sexa un fogar no que toda a cidadanía poida atopar
cubertas as súas necesidades e executar infraestruturas de futuro planificadas.