Chega setembro, os cativos regresan ás aulas, e a pesar da COVID-19, Mos regresa á rutina da nova normalidade.
Nesta nova normalidade desde o Concello de Mos non se quere descoidar nin o máis mínimo a actividade do CIM, Centro de Información á Muller, mosense; nin baixar a garda no que a apoio ao colectivo feminino se refire. Así o expresaban hoxe a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, que presentaron a nova programación de setembro do Centro de Información á Muller de Mos acompañadas por parte das traballadoras do CIM mosense.
A devandita programación está formada por 4 cursos subvencionados pola Xunta de Galicia, 2 dos cales imprártense en horario de mañá e 2 en horario de tarde, para ofrecer unha oferta adaptada ás diferentes necesidades das mulleres interesadas en participar.
O primeiro dos cursos titúlase ‘Vivir en positivo’ e impartirase en dous días durante 3 horas cada día: serán o venres 11 de setembro e o mércores 16 de setembro, en horario de 10.00 horas a 13.00 horas na Axencia de Colocación de Mos.
Os temas a tratar neste curso serán a autoestima, o autocoidado, autocoñecemento, xestión do estrés, técnicas de relaxación, etc.
O segundo curso versa sobre ‘Empoderamento feminino’ e, ao igual que o anterior, impartirase en dous días durante 3 horas cada día: serán o venres 18 de setembro e o martes 22 de setembro, en horario de 10.00 horas a 13.00 horas, tamén na Axencia de Colocación de Mos.
As materias a traballar serán a intelixencia emocional, os límites da sexualidade e o liderazgo.
O terceiro curso, ‘Cambios na vida’, é máis longo e terá unha duración de 10 días e clases de 3 horas diarias. Desenvolverase os luns, martes e venres do 11 de setembro ao 1 de outubro en horario de 16:30 horas a 19.30 horas e o Multiusos das Pozas como lugar de celebración.
Os obxectivos desta acción formativa son aprender a xestionar situacións como cambios de parella, cambio de traballo, falecementos, facerse maior, ser nai, vivir un accidente. Cambios habituais e constantes na vida e que poden chegar a desorientar á persoa que os vive.
No curso traballarase sobre como abrir novas etapas, reconectar e volver a gozar coa propia vida.
Por último, o curso ‘Namórate de ti’, organizado por EuRural, será sobre autoestima e empoderamento a través da fotografía e terá unha duración de 4 días (luns e martes): o 28 e 29 de setembro e o 5 e 6 de outubro. O horario será de 16:30 horas a 19.30 horas e impartirase no Pazo de Mos. Os contidos a tratar serán a autoestima, o amor propio, a motivación, identificación da violencia, autoaceptación, autocoidado, etc.
Estes 4 cursos forman parte dun programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero impulsado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia a través de subvencións a entidades locais da Comunidade Autónoma.
Aínda quedan algunas prazas vacantes e as interesadas en inscribirse deben facelo no CIM podendo realizar a inscrición telefónicamente de 10.00 horas a 14.00 horas nos números de teléfono da Xurídica, Ana, 673 069 866, e/ou da Psicóloga, María, 673 069 936.
Tres dos obradoiros “Vivir en positivo”, “Empoderamento feminino” e “Os cambios na vida” corresponden ao programa, solicitado polo noso Concello, de “Fortalecemento para o cambio en mulleres en situación de vulnerabilidade”, dentro do Programa de promoción da Igualdade e prevención da violencia de Xénero, impulsado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia a través das subvencións á entidades locais da nosa Comunidade Autónoma.
O primeiro dos obradoiros “Vivir en positivo”, realizarase de xeito presencial e teleformación individualizada. O segundo dos Obradoiros “Empoderamento feminino” tamén se realizará de xeito presencial e teleformación individualizada.