domingo. 24.11.2024

A distinción de 'Q de Calidade' foille concedida ao Albergue de Santa Baia e á zona do Pazo, incluíndo tanto a contorna inmediata do edificio como os parques e sendeiros próximos, ubicados na zona da Pesqueira cunha superficie de arredor de 60.000 metros cadrados aproximadamente. Toda esta zona ven de ser catalogada como Espazo Público Singular.

A Fundación Pazo de Mos traballou duramente para conseguir a “Q de Calidade”, un distintivo que outorga o Instituto de Calidade Turística e que foi tramitado, con financiación autonómica, para a contorna do Pazo de Mos e o Albergue de Santa Baia. Por este gran e arduo labor a alcadesa dedicoulle hoxe á Fundación a súa sinceira felicitación.

Entre os Bens de Interese Cultural que certifica a 'Q de Calidade' en Mos atópanses xardíns, rúas, monumentos, prazas, parques, sendas e outro tipo de espazos. Na súa inmensa maioría son de titularidade pública, razón pola que a xestión da calidade é clave para que os turistas obteñan unha experiencia de calidade, única e singular no destino.

As certificacións en sistemas de calidade como a 'Q', son implantadas a título individual por unha empresa, aínda que actualmente o ICTE describiu un Sistema de Xestión de Calidade Espazo Público Singular (EPS). Trátase dun espazo de uso turístico que destaca polo seu valor arquitectónico, cultural ou natural, representativo do destino no que se atopa e xestionado total ou parcialmente por un ente público. É un programa desenvolvido pola Consellería de Turismo e Cultura e ICTE a través dun convenio asinado este mesmo ano para a incorporación da 'Q' de Calidade no Camiño de Santiago.

Ten como finalidade a xestión integral e permanente da calidade e trata de lograr un nivel de calidade homoxéneo nos servizos ofrecidos ao turista dentro dese destino. Ademais co traballo conxunto e en gobernanza de entidades públicas e privadas, Fundación Pazo de Mos, Concello de Mos, Asociación de Veciños Santa Baia e Comunidade de Montes de Mos, non soamente se crea unha estrutura permanente de xestión e impulso da calidade, senón que se garantirá a estabilidade e continuidade do proxecto, así como a promoción da implantación dos estándares de calidade intersectoriais e sectoriais nas empresas/servizos turísticos do destino.

O traballo para lograr estes distintivos de compromiso e esforzo no proxecto levado a cabo nestes últimos anos tamén ten entre os seus obxectivos o de incrementar a implicación dos axentes do territorio.

O Albergue de Santa Baia e á zona do Pazo de Mos conseguen a Q de Calidade