viernes. 22.11.2024

O Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra ratifica a boa acollida que ten o seu contido museográfico entre veciños e foráneos.

Máis de catrocentas persoas visitaron, dende o pasado mes de abril, as súas punteiras e interactivas instalacións tras a ampliación de horarios de atención ó público e o establecemento de visitas  audioguiadas. En prol dunha maximización dos recursos tecnolóxicos dos que dispón o museo as visitas realízanse, nestes momentos, mediante unha aplicación que o visitante poderá descargar no seu teléfono ou dispositivo móbil. Un sistema que permite ó usuario non só coñecer de primeira man todos os contidos do museo senón tamén, información dos principais recursos turísticos do municipio.

O elevado volume de visitantes que se achegan ó museo reflicte o gran interese que o turismo enolóxico está a espertar na xente que ven coñecer o noso territorio. É polo tanto, o enoturismo, un eixe dinamizador da nosa economía local, da nosa gastronomía, do noso patrimonio e da nosa tradición. Unha proposta capaz de xerar redes invisibles de valor engadido.

Os días de apertura ó público do Museo da Ciencia do Viño do Condado son de mércores a domingo, en horario de 11h a 14h e de 17h  a 19h.

Non será preciso a inscrición previa agás para os grupos de máis de 15 persoas ou aqueles que desexen unha visita guiada.

As reservas para grupos deberán efectuarse a través do teléfono 617.14.88.66 ou no enderezo electrónico.

O Museo da Ciencia do Viño, máis visitado
Comentarios