29 de mayo de 2024, 17:06
O Concello remata estes días o embelecemento tanto do centro urbano como das áreas axardinadas das parroquias coa plantación de 5.000 flores e plantas en parques, xardíns, e rotondas entre outras.
Para garantir o mantemento das mesmas ao longo do tempo leváronse a cabo diferentes arranxos nos sistemas de rego. O obxectivo é embelecer a vila de cara ás festas de Corpus Christi e que os sistamas funcionen correctamente para garantir a máxima supervivencia das 5.000 plantas.