Coa
incorporación o 3 de abril dos 2 auxiliares, a Policía Local do Concello de Mos
suma 10 axentes, ao terse incorporado tamén o pasado 5 de marzo dous novos policías locais Funcionarios de Carreira.
Deste
xeito a Policía Local de Mos conta, a día de hoxe, cunha plantilla de 8
policías e 2 auxiliares de policía. Así o informaba esta mañá a alcaldesa de
Mos, Nidia Arévalo, quen declaraba ao respecto que "desde a administración
local mosense seguimos apostando por reforzar a nosa Policía Local, concientes
da necesidade de potenciar ao noso corpo municipal de seguridade, a prol dunha
maior protección e tranquilidade da veciñanza, máxime en tempos de crise como
os que estamos a vivir".
A rexedora
local mosense, Nidia Arévalo, aproveitou hoxe para darlle as grazas á Policía
Local mosense, ao seu Xefe, Gerardo Álvarez, e a todos e cada un dos axentes
locais, "por estar día tras día nas rúas, para protexernos e axudarnos en
todo o que está nas súas mans. E polo seu exemplar labor nestes duros momentos
de crise sanitaria".