domingo. 29.12.2024

Este domingo ás 12.00h o Presidente da Xunta de Galicia Alfonso Rueda  e a  Alcaldesa de Salvaterra de Miño Marta Valcárcel  inaugurarán o primeiro Espazo Lúdico Termal recoñecido en Galicia, o Espazo Lúdico Termal de Teáns–Oleiros, acompañados polo Deputado Provincial Carlos López Font e demais autoridades.

oleiros-Teans
Un enclave único que nos leva a relaxación e a calma, que conta con máis de 22.000m2, 

Unhas instalacións modernas, atractivas e funcionais á beira do Río Miño, co fondo das murallas de Monçao. Un enclave único que nos leva a relaxación e a calma, que conta con máis de 22.000m2 entre aparcamento, área recreativa e as termas, onde de ubican os tres vasos de auga quente, con temperaturas que van dende os 44ª aos 42ª  que proveñen dunha vena a máis de 250 m de profundidade,  e un vaso de auga fría.  Un espazo que conta cun aforo superior ás 250 persoas.

Estas instalacións estarán abertas todo o ano de mércores a domingo, con horario de verán de 09.00 a 12.00h e de 19.00 a 23.00h e no inverno de 10.00 a 13.00h e de 17.00 a 21.00h.

Para máis información consulte 

O primeiro Espazo Lúdico Termal de Galicia está en Salvaterra
Comentarios