viernes. 03.05.2024

O Porriño é un dos concellos galardoados pola Xunta e Ecoembes pola súa achega á campaña de recollida de plásticos, latas e briks, "Recicla e únete ao reto!". A campaña, desenvolvida simultaneamente en quince concellos galegos, consistiu en que todos eles asumiron o reto de superar, cando menos, nun 10% as achegas ao contedor amarelo durante os meses de febreiro, marzo e abril deste ano.

Coa ocasión deste reto, na praza do Concello colocouse en marzo un contedor amarelo xigante como reclamo da campaña aprendéndolle á cidadanía como separar correctamente os residuos. Tratase de incrementar a conciencia de reciclaxe e afianzar o hábito continuado entre a poboación.

O Porriño recibirá un premio económico dotado con 2.000 € para doar a una causa social. Por acordo do goberno municipal eses cartos dóanse á asociación de apoio a persoas con diversidade intelectual "Aceesca".

Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente e Limpeza será o encargado de recoller o premio, en representación do Concello do Porriño, no acto de entrega que terá lugar este venres 14, ás 12.00 h. na Praza dos Barcos de Sanxenxo, presidido por Angeles Vázquez, titular da Conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Ecoembes premia O Porriño pola súa achega á campaña de recollida de plásticos, latas e...