2 de agosto de 2022, 18:50
Este sábado 6 de agosto terá lugar no Recinto Amurallado de Salvaterra de Miño a 19 Edición de O Son da Muralla, que terá como protagonistas a Danijay, Mari Ferrari, Jose am, Dj Charilie, Yardel e djjossi.
Un espectáculo de luz e son referente en toda a xeografía galega e do norte de Portugal, que reunirá a máis de 10.000 persoas. Música dance e electrónica envolverán as murallas de Salvaterra a partires das 23.00h, con entrada totalmente gratuíta.
Un espectáculo que conta cun importante equipo de luz, son e animación. Máis de 66.000 vatios de son e 70.000 de luz que fan do Son da Muralla un espectáculo único.