Disputáronse as categorías Sub-14 e Sub-18 dos Campionatos
Autonómicos de Xadrez no
Hotel Scala os días 22, 23, 24 e 25 de febreiro,
en Padrón.
Ata
alí desprazáronse 20 xogadores e xogadoras do Club Xadrez Mos e catro deles/as clasificáronse
en postos de podio nestes Campionatos Galegos.
Foron Carmen Gallardo García, 3º
Clasificada Sub-14, Xabier Pérez Sousa, 4º Clasificado Sub-14, Antonio Álvarez Pampillón,
4º Clasificado Sub-18, e Óscar Morais Reixas, Subcampión Gallego Sub-18.
Desde a directiva do Club Xadrez Mos consideran que “os resultados foron moi positivos, fomos o Club con maior representación en postos de podio, por iso unha vez máis enorgullecémonos dos nosos rapaces e rapazas que sempre deixan o nome de Mos ben alto nas competicións nas que participan e, o que é máis importante, disfrutan do xadrez que é a súa maior paixón”.