Este sábado, ás 18.00 horas, na páxina de Facebook do Concello de Mos haberá un obradoiro de animación á lectura titulado “Fai o teu marcapáxinas” coa colaboración de Activalede.
E o propio domingo
17 de maio, Día das Letras Galegas, tamén no Facebook municipal, ás 11.00 horas publicarare un vídeo
institucional co Himno de Galicia. Ás
12.00 horas proxectarase un vídeo sobre a vida e
obra de Ricardo Carvalho Calero coas colaboracións especiais de: Dorinda
Castro Soliño, veciña de Dornelas e Catedrática de Lingua nos textos e
Patrik Castro na edición do vídeo. E, por último, ás 18.00
horas levarase a cabo a sesión de contacontos “As Pitas
Baixo a Choiva”.
Ademais continúase co servizo de entrega de libros da
Biblioteca Municipal a domicilio, que está sendo todo un éxito, e,
durante todo o mes de maio, os libros en préstamo irán acompañados dun marcapáxinas cunha imaxe e a vida e obra de Ricardo
Carvalho de agasallo.