21 de septiembre de 2022, 22:03
O Concello de Salvaterra de Miño informa que no mes de outubro o Espazo Lúdico Termal pasa ao horario de Inverno, co cal a partires do día un os usuarios poderán desfrutar das instalacións en horario de 10.00 a 13.00h e de 17.00 a 21.00h.

Dende que se abriron as instalación o pasado mes de xullo foron máis de 10.000 persoas as que pasaron por Teán – Oleiros para desfrutar dunha instalacións modernas que ofrece aos visitantes a tranquilidade necesaria para disfrutar dos 22.000 m2 cadrados de zona verde, con tres pozas de auga que brota de maneira natural entre os 44 e 42 graos que gozan de condicións terapéuticas.