O tenente alcalde de Mos, Camilo
Augusto, a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, e a edil
mosense de Deportes e Participación Cidadá, Begoña Toucedo, recibiron esta mañá
de mans do vicepresidente de AEMOS, Ramón Alonso, os agasallos que farán
realidade os soños dos 56 nenos/as de familias usuarias dos Servizos Sociais
mosenenses.
Ademais da inestimable
colaboración dos empresarios mosenses, Mos Axuda contou nesta ocasión para esta
iniciativa solidaria navideña coa recadación obtida na Quedada Solidaria organizada polo “Club Mos Racing Sport” consistente
nun acto de automovilismo celebrado en Louredo o pasado 7 de decembro.
Os
agasallos que os 56 cativos beneficiarios recibirán mañá, 4 de xaneiro, nun
acto conxunto organizado para as 12.00 horas da mañá, son xoguetes, obxectos,
materiais ou prendas que previamente os/as nenos/as beneficiarios/as pediron
nas súas respectivas cartas aos Reis Magos. Deste xeito ningún cativo de Mos
quedará sen cumprir o seu desexo neste Nadal.
As Súas
Maxestades os Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, entregarán
mañá os agasallos da campaña municipal solidaria, Mos Axuda no Nadal, no Salón
de Actos da Axencia de Colocación de Mos.
Os
representantes municipais mosenses, Augusto, Cebreiro e Toucedo, declararon que
“esta iniciativa naceu perseguindo a finalidade de prestar axuda e protección
aos máis necesitados, coa colaboración do empresariado, para poder levar a cabo
este proxecto solidario e que todos os nenos/as de Mos fagan realidade o seu
desexo nestas festas”.
Mos Axuda no Nadal é unha
iniciativa solidaria promovida polo Concello de Mos en colaboración
coa Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, entre o seu
tecido empresarial asociado, para que ningún desexo dun neno este Nadal quede
sen facerse realidade.
Tenente alcalde e edís de
Política Social e Deportes aproveitaron a ocasión para agradecer a colaboración
da Asociación de Empresarios de Mos e do “Club Mos Racing Sport” neste
proxecto.