domingo. 24.11.2024

No mes de marzo de 2019 a proposta da alcaldía, o pleno do concello de Arbo, aprobaba por unanimidade aprobar e recoñer unha costume centenaria como era a denominación da 'Costa da Filomena'. Dado que as persoas maiores do lugar ás que se lle consultaban utilizaban dita denominación, o alcalde considerou que a perda desta costume sería deixar escapar parte da historia deste municipio e concretamente, da historio desta familia, polo que o trasladou o pleno para a súa aprobación.

Según manifesta o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil Expósito, veciño tamén do barrio da Granxa, dona Filomena, tería que haber sido unha persoa singular para que os veciños, decidisen denominar esta costa co seu nome, e entendemos por tanto que toda persoa singular merece un recoñecemento, como xa se fixo anteriormente neste Concello. O rexedor afirma que a historia dos barrios e a historia de todos, e que as tradicións e costumes forman parte da lenda dun lugar.

Arbo respecta o sentir da veciñanza nun topónimo