O Concello de Arbo, recupera o 27 de febreiro, despois dun ano o seu tradicional Desfile de comparsas o Domingo de Entroido, sempre cumprindo coas medidas sanitarias decretadas.
O desfile de comparsas saira as 17:30 horas dende a Carballeira de Turbela como sempre foi tradición.
Os que dexesen concursar, deberán anotarse nas oficinas municipais ou ata unha hora antes do inicio do desfile o persoal municipal encargado.
As bases poderán consultarse no taboleiro do Concello de Arbo ou na páxina web. Este ano e para cumprir coas recomendacións sanitarias frente o COVID-19, o numero de membros por comparsa reduciuse, dándose máis premios.
Para as comparsas de 6 a 10 membros, establécense 5 premios. A que obteña maior puntuación recibirá un premio de 200 euros. A segunda, un premio de 150 euros. A terceira un premio de 75 euros, a cuarta percibirá un premio de 50 euros e o quinto premio recibira 25 euros.
Para as comparsas de 3 a 5 membros establécense 5 premios. A que obteña maior puntuación recibirá un premio de 120 euros. A segunda, un premio de 80 euros. A terceira, un premio de 60 euros .A cuarta, un premio de 30 euros, e a quinta percibirá un premio de 20 euros.
Para as comparsas infantís (6 a 10 membros menores de 12 anos) establécense 5 premios. A que obteña maior puntuación recibirá un premio de 160 euros. A segunda, un premio de 90 euros. A terceira un premio de 60 euros. A cuarta, un premio de 30 euros, e a quinta percibirá un premio de 20 euros.
Medidas sanitarias a cumprir dacordo ao Protocolo emitido polas autoridades sanitarias.
Obrigatoriedade do uso da máscara, Evitarase o contacto físico e cumprirase a medida de mantemento da distancia de seguridade interpersoal de, polo menos 1,5 metros, Non está permitido fumar, consumir outros produtos do tabaco nin consumir cigarros electrónicos na área de público.