Eva
García de la Torre recibiu “con moita satisfacción” a nova comunicada este
mediodía polo ADIF que resolveu licitar o contrato para a redacción do proxecto
de supresión do paso a nivel polo centro do Porriño. A alcaldesa valorou como “o
maior avance acadado ata de agora polo Concello do Porriño nas xestións
realizadas ante o Ministerio de Fomento”, declarou.
O
orzamento do contrato de licitación “xa acredita a complexidade da actuación”
dixo Eva Garcia que din entender que “o ADIF queira revisar todas as
posibilidades para a supresión do paso a nivel”.
A
alcaldesa indicou ó respecto que “satisfacenos que o ADIF tomase en
consideración a complexidade do enclave, extremo que nos transmitimos nas
sucesivas reunión e que polo tanto busque a mellor solución técnica posible”.
Ainda que a rexidora aclarou que “Porriño considera irrenunciable acadar o
soterramento da liña férrea”.
A
alcaldesa porriñesa lembrou que “o avance de hoxe conectase coas xestións
realizadas por mín ante o ADIF en 2018 e no pasado mes de setembro de 2019”.
A
nota do Administrador de Infraestructuras Ferroviarias licita o contrato para a
redacción do estudo xeotécnico, de alternativas, proxecto básico e proxecto de
construcción. O comunicado engade que “debido á proximidade de vivendas e a súa
densidade, a supresión do paso entrana unha especial dificultade técnica e ten
sido obxeto de debate no que atinxe a plantexamentos e propostas anteriores”.
O ADIF cita que diariamente cruzan o paso a nivel con dobres semibarreras 6.500 vehículos diarios, ademáis de que cruzan numerosos peóns e hai 33 circulacións ferroviarias diarias.