sábado. 23.11.2024

A Rede de Xudarías de España pon a disposición dos profesionais turísticos e o público xeral os seus cursos de formación online (https://redjuderias.org/los-cursos-de-formacion-online-de-la-red-de-juderias-de-espana/)

Os cursos son gratuítos para os Guías Turísticos Oficiais das cidades que integran a Rede de Xudarías como é o caso de Tui, e necesarios para obter o carné oficial de Guía propio da Rede de Xudarías de España. O obxectivo desta formación online é facilitar unha completa formación ao redor da cultura e a historia xudía de España.

Nun momento no que a actividade dos Guías de Turismo está a verse seriamente afectada pola crise sanitaria, a Rede de Xudarías de España e o Concello de Tui poñen á súa disposición unha ferramenta que habilite, recicle e complemente a súa formación ao redor dun patrimonio que está en auxe e é dos máis descoñecidos e sorprendentes da historia medieval de Galicia.

Tres cursos xenéricos e un específico para cada cidade, darán acceso a ser Guía Oficial da Rede de Xudarías de España. O acceso ao curso deben solicitarse, xunto co Carné de Guía Oficial expedido pola Comunidade Autónoma, a [email protected]

“Coñecendo a cultura xudía”, “A historia xudía de España” e “Sefaradíes de onte e de hoxe” son os nomes do tres cursos de 30h cada un, que contaron coa colaboración e participación de eminentes expertos na materia, o Rabino do Colexio xudeu de Madrid D. Pihas Punturelo, o catedrático emérito e Membro da de Real Academia de Historia e experto en historia medieval, D. José Hinojosa Montalvo e D. Miguel de Lucas, Director do Centro Sefarad Israel, que achegan ao final de cada un dos cursos a súa valiosa visión da materia tratada.

Estes cursos non só estarán dispoñibles para o colectivo de Guías se non que se abren a todo aquel que poida estar interesado en coñecer a historia e cultura xudía en España. Cada curso ten un prezo de 18€, e pódense contratar na web da Rede de Xudarías, www.redjuderias.org. Os participantes nesta actividade ao seu remate recibirán un diploma acreditativo de superar a formación.

A Rede de Xudarías de España organiza cursos de formación online