lunes. 25.11.2024

Como non podía ser doutro xeito a programación de

Nadal do Concello de Mos inclúe a tradicional Cabalgata de Reis que se

celebrará o domingo 5 de xaneiro en Sanguiñeda. A alcaldesa de Mos, Nidia

Arévalo, e a concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, presentaron hoxe as

bases da Cabalgata, xa que mañá ábrese o prazo de presentación de solicitudes

para os participantes na mesma.

A deste ano será unha Cabalgata de Reis moi

especial, xa que estará inspirada e ambientada en ‘La Vuelta Ciclista a

España’, temática na que deberán basearse os deseños das carrozas

participantes.

O pasado venres abríase a programación de Nadal do Concello de Mos cun acto

oficial de acendido do alumeado navideño na rotonda das Angustias en

Sanguiñeda, no que a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o ciclista mosense e

embaixador de ‘La Vuelta’ Óscar Pereiro, anunciaban unha gran sorpresa, o

agasallo de Nadal para todos os mosenses, consistente en ser saída dunha etapa

de ‘La Vuelta Ciclista a España 2020’.

O ano 2020 será especial para o municipio mosense porque por primeira vez

na historia, ‘La Vuelta Ciclista a España’ sairá desde Mos, na única etapa que

haberá na provincia de Pontevedra e unha das 3 etapas que haberá en Galicia. A

etapa con saída desde Mos será número 18 e terá lugar o xoves 3 de setembro ás

13.00 horas, e desde o Concello de Mos e a organización de ‘La Vuelta’ estase a

estudar cal será a ubicación exacta desde onde se producirá a saída.

É por elo que desde o Concello de Mos decidiuse tamén ambientar a Cabalgata

de Reis neste evento deportivo tan destacado.

A concentración previa ao desfile das carrozas e

rondallas participantes terá lugar no concesionario da Renault en Sanguiñeda,

ás 17:30 horas, para ás 18:00 horas desfilar cara ó final da Avenida de

Sanguiñeda. As carrozas e rondallas seguirán o orde que quede establecido no

sorteo a realizar unha vez finalice o prazo de inscrición dos participantes.

As solicitudes de participación unicamente

poderán  presentarse a través da sede electrónica do Concello de Mos. O

prazo de presentación de solicitudes comeza, como xa se dixo, mañá día 10 de

decembro e remata o 19 do mesmo. No caso do Belén Vivinte, se houbese máis de

unha solicitude para esta categoría, procederase a efectuar un sorteo entre os

interesados.

No apartado de carrozas poderán participar todas as

asociacións veciñais e culturais do Concello de Mos.  O obxecto do

concurso é a confección de carrozas por parte das asociacións do Concello de

Mos para participar na Cabalgata de Reis. Concederase unha axuda económica de

800,00 €  ás carrozas participantes ate ó límite máximo de 5.000,00 euros

prorrateándose este importe no seu caso.

No apartado de rondallas só poderán participar

rondallas do Concello de Mos.  As cales actuarán ó longo do percorrido do

desfile así como unha actuación individual ó remate da cabalgata. 

Concederanse unha axuda económica de 1.000,00 €  ate un máximo de

4.000,00€. As condicións mínimas para poder optar á axuda pola participación

neste apartado son: mínimo de compoñentes 60 persoas, actuación ó remate da

cabalgata 10 minutos.

No apartado de Belén Vivinte poderán participar

todas as asociacións veciñais e culturais do Concello de Mos.  O obxecto

do concurso é a recreación dun belén vivinte que será exposto no propio día da

cabalgata.  Concederanse unha axuda económica de 700,00 € á asociación

encargada de recrear o belén.

O concurso de carrozas constará de tres premios:

1.º Premio de 500,00 €, 2.º Premio de 300,00 € e 3.º Premio: 200,00 €.

A Cabalgata de Reis do Concello de Mos deberá estar inspirada e ambientada en ‘La...