viernes. 22.11.2024

A Concellería de

Cultura do Concello do Porriño diseñou unha programación de celebración do Día

das Letras Galegas, con propostas varias para públicos diversos, axeitada ás

limitacións que impón o estado de alarma.

Un deles foi un

concurso de debuxo infantil baixo o lema “Debuxa celebrando o Día das Letras

Galegas”. Os traballos remitidos ata o pasado 10 de maio polos rapaces e

rapazas participantes, xa están publicados na web do departamento de Cultura.

Por outra banda,

a Biblioteca Municipal sumouse á celebración do Día das Letras coa publicación

nas súas redes sociais de sete post, un por día, que rematará o mesmo domingo

17, destacando os sete aspectos máis salientables de Carvalho Calero.

Outra das

iniciativas da programación da Concellería de Cultura foi “Voces para Ricardo

Carvalho Calero”, unha actividade de declamación. A través das voces de veciñas

e veciños do Porriño e contorna, dáse a coñecer a obra deste autor. O resultado

desta lectura plural pódese comprobar nun vídeo que tamén está colgado na web

de Cultura.

Por

último, a

Concellería de Cultura e Normalización Lingüística proponnos un xogo de nivel

de coñecemento sobre o autor homenaxeado este ano coa ocasión do Día das Letras

Galegas que se celebrará o vindeiro domingo 17 de maio.

Trátase de comprobar canto se coñece de

Ricardo Carvalho Calero e pódese facer en familia e cos amigos. A Concellería

advirte que este xogo está optimizado para a súa execución en computadores ou

tablets, mentres que en teléfonos móbiles ou smartphone poden aparecer algúns

erros de visualización debido ao pequeno formato destes dispositivos.