Esta
mañán Protección Civil do Concello do Porriño e o concelleiro de Servizos
Sociais, David Alonso iniciaron a entrega de lotes de alimentos non
perecedoiros ás 40 familias que segundo a valoración dos técnicos municipais
están nunha situación de maior necesidade. O departamento de Servizos Sociais
do Concello ten referenciadas a 150 familias que están en situación de
exclusión social que son recepetoras das axudas alimentarias que se canalizan a
través de “SOS Porriño”.
Os
lotes de productos continuarán distribuindose esta tarde coa colaboración da
flota de repartidores da firma “Kebel Logistics” que ofreceu a súa contribución
de xeito desinteresado.
“Kebel
Logistics”, é unha firma asentada en Barcelona que dispon en Porriño dun parque
móbil de 50 furgonetas que traballan habitualmente no reparto a domicilio de
pedidos de “Amazon”.