sábado. 21.12.2024

O Servizo Galego de Saúde e os hospitais privados de Galicia van funcionar como un sistema único e integral, en cumprimento do disposto polas medidas adoptadas polo Ministerio de Sanidade. Deste xeito, o Goberno galego continúa coa coordinación con diferentes axentes para establecer actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do COVID-19.

Esta mesma mañá, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, mantivo unha vídeo conferencia cos responsables dos centros privados galegos para informarlles das medidas concretas que se porán en marcha para a coordinación integral da asistencia sanitaria entre hospitais públicos e privados.

Así mesmo, o conselleiro destacou que tamén se estableceu contacto con todas as empresas de ambulancias de Galicia, para elaborar un censo e establecer a coordinación necesaria que permita mobilizar os vehículos en caso de necesidade.

Durante a xuntanza Almuiña destacou que a Xunta continúa a mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia, en alerta e cunha vixilancia permanente para actualizar todas as medidas de reco9mendacións.

O conselleiro lembrou que a Xunta segue traballando desde a máxima coordinación tanto interdepartamental como co Ministerio de Sanidade.
 

O Sergas e os hospitais privados funcionarán como un sistema único e integral