A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.510, deles 331 son da área da Coruña, 99 da de Lugo, 277 da de Ourense, 93 da de Pontevedra, 401 da área de Vigo, 244 da de Santiago, e 65 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 19 permanecen en UCI, 102 están en unidades de hospitalización e 1.389 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 8.820 persoas curadas, rexistrándose 604 falecementos.
Trala revisión clínica dos casos, hai que engadir dous falecementos. Son un home de 70 anos e outro de 78 que estiveran ingresados no CHUS.
O número de PCR realizadas é de 124.108.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 1.510 168 (usuarios) 134 (profesionais) FALECEMENTOS 604 132 (en residencias) 137 (en hospitais e residencias integradas)
O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,6% do total das persoas residentes.
Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.