domingo. 24.11.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 990, deles 252 son da área da Coruña, 63 da de Lugo, 160 da de Ourense, 50 da de Pontevedra, 273 da área de Vigo, 161 da de Santiago, e 31 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 13 permanecen en UCI, 72 están en unidades de hospitalización e 905 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.505 persoas curadas, rexistrándose 608 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 130.424.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 TOTAL GALICIADENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS990       115 (usuarios)
         95 (profesionais)
FALECEMENTOS608       132 (en residencias)
       139 (en hospitais e residencias integradas)

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,4% do total das persoas residentes.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Galicia rexistra un total de 990 casos activos por coronavirus