A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.535, deles 1.285 son da área da Coruña, 743 da de Lugo, 1.414 da de Ourense, 785 da de Pontevedra, 1.502 da área de Vigo, 1.186 da de Santiago, e 620 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 62 están en UCI, 392 en unidades de hospitalización e 7.081 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 26.034 persoas curadas, rexistrándose 882 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 654.482.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 7.535 383 (usuarios) 217 (profesionais) FALECEMENTOS 882 170 (en residencias) 214 (en hospitais e residencias integradas)
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS TOTAL GALICIA NÚMERO DE POSITIVOS 914 AULAS PECHADAS 46 CENTROS PECHADOS 2
Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais.