domingo. 24.11.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.431, deles 1.122 son da área da Coruña, 651 da de Lugo, 1.299 da de Ourense, 639 da de Pontevedra, 1.186 da área de Vigo, 1.089 da de Santiago, e 445 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 49 están en UCI, 371 en unidades de hospitalización e 6.011 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 25.315 persoas curadas, rexistrándose 860 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 633.494.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
 

 TOTAL GALICIADENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS6.431                     278 (usuarios)
                     170 (profesionais)
FALECEMENTOS860                    166 (en residencias)
                    208 (en hospitais e residencias integradas)

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

CASOS GRAVES E EMERXENCIAS

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Galicia rexistra un total de 6.431 casos activos por coronavirus