domingo. 24.11.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 542, deles 124 son da área da Coruña, 33 da de Lugo, 49 da de Ourense, 16 da de Pontevedra, 196 da área de Vigo, 110 da de Santiago, e 14 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 26 están en unidades de hospitalización e 515 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.221 persoas curadas, rexistrándose 618 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 149.242.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 TOTAL GALICIADENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS542                   28 (usuarios)
                   20 (profesionais)
FALECEMENTOS618                  132 (en residencias)
                  142 (en hospitais e residencias integradas)

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,1% do total das persoas residentes.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Galicia rexistra un total de 542 casos activos por coronavirus