domingo. 24.11.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.358, deles 747 son da área da Coruña, 466 da de Lugo, 1.474 da de Ourense, 541 da de Pontevedra, 435 da área de Vigo, 581 da de Santiago, e 114 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 37 están en UCI, 175 en unidades de hospitalización e 4.146 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 21.425 persoas curadas, rexistrándose 780 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 543.138.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 TOTAL GALICIADENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS4.358             454 (usuarios)
                148 (profesionais)
FALECEMENTOS780                 150 (en residencias)
    185 (en hospitais e residencias integradas)


Na xornada de onte rexistrouse o falecemento dunha muller de 93 anos en centro residencial. Este tivo lugar na residencia de maiores Ballesol Oleiros (Oleiros).

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOSTOTAL GALICIA
NÚMERO DE POSITIVOS421
AULAS PECHADAS23
CENTROS PECHADOS1

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

Galicia rexistra un total de 4.358 casos activos por coronavirus