A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.301 deles 1.246 son da área da Coruña, 772 da de Lugo, 503 da de Ourense, 552 da de Pontevedra, 373 da área de Vigo, 673 da de Santiago, e 182 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 30 están en UCI, 220 en unidades de hospitalización e 4.051 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 15.651 persoas curadas, rexistrándose 694 falecementos. A última persoa falecida nun centro hospitalario foi un varón de 86 anos, que estaba ingresado no CHUAC e presentaba patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 401.119.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 4.301 255 (usuarios) 101 (profesionais) FALECEMENTOS 694 141 (en residencias) 166 (en hospitais e residencias integradas)
Na xornada de onte produciuse un falecemento en centro residencial. Este tivo lugar na residencia de maiores DomusVi Lugo (Outeiro de Rei).
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.