A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.580 deles 1.240 son da área da Coruña, 352 da de Lugo, 224 da de Ourense, 147 da de Pontevedra, 170 da área de Vigo, 329 da de Santiago, e 118 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 13 están en UCI, 73 en unidades de hospitalización e 2.494 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.019 persoas curadas, rexistrándose 633 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 308.162.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 2.580 68 usuarios 20 profesionais FALECEMENTOS 633 134 en residencias 144 en hospitais e residencias integradas
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.