A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.282, deles 778 son da área da Coruña, 110 da de Lugo, 94 da de Ourense, 60 da de Pontevedra, 134 da área de Vigo, 55 da de Santiago, e 51 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 3 permanecen en UCI, 48 en unidades de hospitalización e 1.231 no domicilio, Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.587 persoas curadas, rexistrándose 625 falecementos. A última persoa falecida foi unha muller de 86 anos que estaba ingresada no CHUAC e presentaba patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 280.185.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 1282 0 usuarios 4 profesionais FALECEMENTOS 625 132 en residencias 140 en hospitais e residencias integradas
Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.