A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.142, deles 1.371 son da área da Coruña, 591 da de Lugo, 1.207 da de Ourense, 505 da de Pontevedra, 1.095 da área de Vigo, 1.030 da de Santiago, e 343 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 117 permanecen en UCI, 642 están en unidades de hospitalización e 5.383 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.456 altas de pacientes e 415 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 57.400.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 6.142 983 (usuarios) 422 (profesionais) FALECEMENTOS 415 95 (en residencias) 88 (en hospitais e residencias integradas)
O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 4% do total das persoas residentes.
Na xornada de onte non se produciron falecementos en centros residenciais.
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
Uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, que vén de ser reforzado con máis persoal, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.