O proxecto Clustertur_GNP busca a creación dun clúster transfronteirizo de Turismo na Eurorrexión
Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal (GNP-AECT) reuníronse hoxe, na súa sede de Vigo, coa
presenza dos dous Directores Xerais da Xunta de Galicia encargados das Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e da Administración Local, Natalia Prieto, e cos Vicepresidentes da Comisión de Coordinación de Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-Norte, IP), Célia Ramos, Jorge Sobrado e Ana Gomes, e do Director e o Subdirector da AECT da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal, Nuno Almeida e Xosé Lago.
Asemblea e o Consello Superior da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da
Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal (GNP-AECT) reuníronse hoxe, na súa sede de Vigo, coa
presenza dos dous Directores Xerais da Xunta de Galicia encargados das Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e da Administración Local, Natalia Prieto, e cos Vicepresidentes da Comisión de Coordinación de Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-Norte, IP), Célia Ramos, Jorge Sobrado e Ana Gomes, e do Director e o Subdirector da AECT da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, Nuno Almeida e Xosé Lago.
O obxectivo da sesión foi aprobar o plan de actividades e o orzamento da AECT para 2024, para
poder implementar os nove proxectos europeos en execución, tras o repaso das principais
actividades desenvolvidas en 2023. Entre elas destacan a sinatura, en Vigo, no pasado mes de
novembro, do protocolo entre a Agrupación Europea de Cooperación Territorial da
Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal e o Consello Sindical Interrexional Galicia – Norte de
Portugal, para mellorar as condicións socio laborais dos traballadores transfronteirizos, a
realización do 2º Encontro de AECT Ibéricas, para avanzar na cooperación transfronteiriza. Alén
doutras moitas actividades, a GNP-AECT organizou, en xuño de 2023, en Matosinhos (Portugal)
o 1º Seminario de Directores e Editores de Medios de Comunicación da Eurorrexión para
debater a situación no sector e encontrar novas vías de colaboración.
A ASEMBLEA E O CONSELLO SUPERIOR DA AECT COMPROMETÉRONSE A:
1- Continuar a apoiar a mobilidade académica, co programa de éxito Iacobus, de
cooperación coas Universidades, buque insignia da Eurorrexión Galicia – Norte de
Portugal, e que neste 2024 celebra 10 anos e amplíase cara unha Rede Eurorrexional de
Coñecimento e Innovación. Nesa liña, neste ano lanzaranse novas convocatorias do
IACOBUS para Estadías, Publicacións Científicas E Patentes. Desde o seu comezo, o
Programa Iacobus conseguiu desenvolver a cooperación transfronteiriza no ámbito da
I+D+I entre Universidades, Centros Tecnolóxicos e Institutos Politécnicos da
Eurorrexión.
2- Seguir incentivando o intercambio cultural na Eurorrexión, a través do programa
Nortear, e a cooperación transfronteiriza noutros sectores estratéxicos para Galicia e o
Norte de Portugal, como o turismo, a través do proxecto Clustertur_GNP, que busca a
creación dun clúster transfronteirizo na Eurorrexión.
3- Fomentar a cooperación no sector aeroespacial, da enerxía verde e do agroindustrial,
a través dos outros programas en execución pola (GNP-AECT).
4- Impulsar a mobilidade xeográfica e a cooperación de proximidade. A AECT da
Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal continua envolvida na reclamación dun Estatuto
do Traballador Transfronteirizo, para o que se impulsou un grupo de traballo coas
diferentes entidades transfronteirizas implicadas para avanzar nos seus contidos, alén
de continuar a reclamar a melloría urxente nas conexións ferroviarias, coa aposta firme
no tren de alta velocidade Vigo - Porto, reafirmando as especificidades da Eurorrexión
cos Gobernos dos dous países, aínda que sen avances nos últimos Cumios Ibéricos, de
Viana do Castelo, novembro de 2022, e Lanzarote, de marzo de 2023.