Sesión informativa para impulsar a creación de plantacións de froitos do bosque ecolóxicos
O vindeiro 9 de marzo o Centro de Desenvolvemento Local (CDL) acollerá a actividade formativa 'Depofroitos' que pretende impulsar a creación de plantacións de froitos do bosque ecolóxicos, sobre todo en terreos abandonados, e mellorar a capacitación e a profesionalización das persoas emprendedoras que queiran dedicarse a esta actividade.
Todas
e todos os que queiran participar nesta acción informativa, que se desenvolverá
de 10 a 14 horas, deberán inscribirse no
teléfono 886 210 725 Ext 40734
ou ben a través da seguinte dirección de correo depofroitos@depo.es .
Depofroitos
ofrecerá un acompañamento específico para as empresas de nova creación
relacionadas co cultivo de froitos do bosque, no que se tratará de asesorar e
informar sobre diferentes aspectos como a tramitación de axudas e subvencións e
a elaboración de plans de viabilidade técnica, ecónomica e financeira, entre
oturos.
Esta
iniciativa achegará aos e ás emprendedoras un simulador de negocio sobre o
cultivo e a comercialización de froitos do bosque e unha aplicación para
facilitar a internacionalización das súas vendas, cunha serie de recomendacións
de actuación.
Ademais,
promoveranse outras actividades: elaboración de estudos técnicos de parcelas
para o posible cultivo de froitos do bosque a través estudos climáticos,
edafolóxicos, estudos da auga de rega, do material vexetal, de mercado e de
rendibilidade, e creación dunha agrupación comercial para reducir custos e
obter maiores beneficios ao situar o produto a prezos máis competitivos. Cada
persoa destinataria do proxecto terá un servizo de asesoría e consultaría
gratuíto na modalidade en liña (e-mail, teléfono e WhatsApp).
O
programa é cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa
Operativo Formación e Educación (POEFE) e a Fundación Biodiversidade a través
do Programa EmpleaVerde do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto
Demográfico. Deste xeito, as accións de carácter gratuíto están dirixidas a
conseguir formación e emprego de calidade.