domingo. 24.11.2024

A plataforma de imaxe persoal 'Creer en nosotros' do sector da perruquería, barbería e estética "atópase nunha situación crítica. Estamos a dicilo a berros e non estamos a ser escoitados. Somos un sector esencial, e así nos recoñeceu o goberno durante a pandemia. Unha actividade esencial debe soportar un IVE reducido do 10%. E o goberno, no seu afán recadatorio, empéñase en cobrarnos un IVE xeral do 21%".

'Creer en nosotros' denuncia que "rrebatáronnos noso IVE reducido en 2012 dicíndonos que sería de maneira temporal para paliar a crise económica. Subíronnos o IVE do 8% ao 21%. Unha subida de 13 puntos que a maioría decidimos asumir e non repercutir ao cliente. Primeiro porque na
situación de crise que nos atopabamos, esa subida de prezos tan grande provocase que moitos dos nosos clientes non se puidesen permitir acudir aos nosos salóns. E segundo porque nos dixeron que era temporal e volveriamos recuperar o noso IVE reducido".

Isto está a provocar o peche de miles de salóns. "Tamén aplicaron a mesma subida a outros sectores como cultura, cinemas, florerías,?etc. A todos estes sectores xa lles devolveron o seu IVE reducido e inexplicablemente o noso sector segue cun IVE xeral do 21% a pesar de ser recoñecido polo goberno como sector esencial".

O 27 de novembro do 2017 PSOE presenta unha Proposición Non de Lei (PNL) para devolver o IVE reducido apoiado por Unidas Podemos, PNV e
ERC e aprobada en 2018. Entón eran os partidos da oposición. Curiosamente eses partidos son os que agora gobernan. E non soamente non aplican o que aprobaron senón que, hai uns días votaron non a unha PNL que pedía exactamente o mesmo e que foi presentada por VOX. O día 1 de decembro o BNG presentou unha emenda pedindo que se nos devolva noso. Isto non se entende".

Á situación actual do sector, que xa estaba afogado pola presión fiscal antes da pandemia, agora engádense os gastos para aplicar os protocolos contra a Covid e a redución drástica da facturación como consecuencia da limitación de aforamento e da falta de eventos sociais. En xeral, o sector esta ao 50% de facturación, din desde 'Creer en nosotros'.

Segundo os estudos realizados. Máis do 20% das perruquerias, barberías e estéticas non teñen capacidade para chegar o Nadal ; o 58% non poderá sobrevivir máis de 6 meses; calcúlase que 27.000 salóns dos 48.000 que existen pecharán; este sector ten máis de 150.000 traballadores/as en España (o 85% son mulleres autónomas) e xeran 50.000 traballos
indirectos; perderanse 75.000 postos de traballo coas súas correspondentes cotizacións á seguridade social; O estado reducirá a recadación do IVE á metade xa que a metade dos centros pecharán; o estado terá que asumir tamén o custo das prestacións por desemprego deses 75.000 traballadores; e por último, moitas traballadoras que quedarán sen emprego e con poucas posibilidades de atopar outro, optarán por ir a casa das súas clientas de toda a vida a peitealas, tinguilas…provocando o aumento da economía mergullada.

"Negámonos a crer que aos nosos políticos non se lle importe" afirman desde la plataforma. "O noso sector, que pechen 27.000 centros de perruquería, barbería e estética e que se perdan 75.000postos de traballo. Pedímoslle ao goberno que non mire para outro lado e faga o correcto e o que se espera dos políticos que nos representan. Somos esenciais e siximos o IVE reducido do 10% que nos pertence".

Se isto non se soluciona, o día 20 de xaneiro imos saír á rúa en todas as cidades de España, unímonos autónomos, traballadores e asociacións do sector. Xa temos organizadas máis de 75 concentracións para ese día e
seguen en aumento. E a partir desa data imos seguir saíndo á rúa con regularidade para reclamar o IVE reducido que nos
pertence. Non imos parar ata que nos escoiten!"

"O noso sector está máis unido que nunca. PLATAFORMA DE PELUQUEROS UNIDOS DE ESPAÑA, ANEIP, UEPECO, APEBEMA, PEME-REAL…ademais de moitas asociacións, federacións e colectivos únense a estas propostas.
Sentimos todos orgullosos desta unión e seguiremos loitando por ser cada día máis e máis fortes. Pedímoslles que publiquen e difundan as nosas propostas e necesidades".

O sector da perruquería alerta de que se perderán 75.000 postos de traballo con IVE ao 21%