A plantación de froitos do bosque pode xerar uns ingresos complementarios para a economía familiar

O curso Depofroitos ofreceu hoxe a súa primeira formación que agora continúa de xeito on line e personalizado para asesorar e guiar a cada un e unha das emprendedoras.

A

concelleira de Emprego e Formación, Vanesa Fernández, e a concelleira de Medio

Ambiente, Rosa Covelo, deron hoxe a benvida aos e ás participantes no curso

Depofroitos ofertado pola Deputación de Pontevedra no Centro de Desenvolvemento

Local (CDL).

Co

obxectivo de revitalizar propiedades abandonadas, impulsar a creación de

plantacións de froitos do bosque ecolóxicos e mellorar a capacitación e a

profesionalización das persoas emprendedoras que viven no rural, o enxeñeiro técnico

agrícola Gerino Ferreirós ofreceu ao alumnado tanto asesoramento para a

plantación destes e doutros froitos como para a súa posterior comercialización.

A

plantación de froitos do bosque pode xerar uns ingresos complementarios para a

economía familiar, ademais de rendabilizar e aproveitar terreos abandonados e

convertilos en produtivos contribuíndo a evitar a propagación dos lumes e a

reducir a pegada de carbono potenciando o consumo de produtos de proximidade,

sinala este enxeñeiro técnico agrícola que salienta a alta participación e o

grande interese amosado.

O

curso continúa agora de xeito on line e personalizado asesorando a cada un e

unha dos participantes na súa andaina tanto como agricultor como emprendedor xa

que o que pretenden estes cursos é fomentar ao emprendedor e apoiar con todo

tipo de ferramentas, formación e información ás persoas que viven no rural.

O

contacto coa terra propicia tamén a inclusión no mundo laboral de persoas en

risco de exclusión, axuda no tratamento de enfermidades mentais e fomenta e

supón unha oportunidade laboral que cada vez máis está nas mans das mulleres.

O

programa é cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa

Operativo Formación e Educación (POEFE) e a Fundación Biodiversidade a través

do Programa EmpleaVerde do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto

Demográfico. Deste xeito, as accións de carácter gratuíto están dirixidas a

conseguir formación e emprego de calidade.