O acto de presentación do libro publicado pola A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellá, o 3º Libro, relativo ao Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro, que organiza a entidade galega de Cornellá, desde o ano 1986, coa colaboración da Xunta de Galicia e mailo Concello de Cornellá de Llobregat. O evento tivo lugar na sede da Asociación, e súa presentación correu a cargo do Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García.
Baixo o titulo “Certame de Poesía Rosalía de Castro (1997-2018)” prologado polo escritor Armando Requeixo que tamén participou no acto, e ilustra a súa capa o artista de Padrón, Masito Beiró.
O libro, como o seu titulo di, trátase dunha recolleita dos tres poemas premiados de cada ano deste Certame de Poesía de entre os anos 1997 ata o 2018, 63 poemas dos principais autores contemporáneos da poesía galega que foron premiados neste Certame e no que atopamos nomes como:
Marcelino Sixto Deibe, Antón Riveiro Coello, Modesto Fraga, Rexina Vega, Baldo Ramos, Ana Vázquez Estévez, Emma Pedreira, Lito Caramés, Alberte Momán, Yolanda López, Alba Cid, Israel Martínez Veiga, Cruz Martínez Vilas, Amauta Castro, Miriam Ferradans, Cristina Ferreiro, Arancha Nogueira, Manuel Dopico, Issad Xubin e Gonzalo Hermo, entre out@s.