A Xunta recoñece a excelencia de 23 titulados de FP cos premios extraordinarios de grao superior
A Xunta de Galicia vén de recoñecer a excelencia de 23 titulados de FP, a razón de un por cada unha das familias profesionais, cos Premios extraordinarios de grao superior para o alumnado que rematou os seus estudos no curso 2021/2022.
O obxectivo destes galardóns, que cada ano convoca a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, é recoñecer publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico estudos de Formación Profesional de grao superior en Galicia. Enmárcase dentro das diferentes accións que leva a cabo a Xunta para a posta en valor e fomento da excelencia dentro do sistema educativo galego. De feito, para optar a estes premios os estudantes debían contar cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5 puntos, entre outros requirimentos.
A dotación orzamentaria para estes premios é de 23.000 euros que se distribúen entre os galardoados na mesma contía, de 1.000 € por alumno. Ademais da correspondente achega económica, a obtención destes premios dálle dereito ao alumnado a concorrer, logo de inscrición, ao correspondente Premio Nacional de Formación Profesional de grao superior.
O premiados son os que se relacionan na seguinte táboa:
Galardoado |
Familia profesional |
Provincia |
Concello |
Centro educativo |
Eiris Garaboa, José Manuel |
Imaxe e son |
A Coruña |
A Coruña |
CIFP Imaxe e Son |
Penas López, Iván |
Edificación e obra civil |
A Coruña |
A Coruña |
CIFP Someso |
Roca Paz, Ányela |
Agraria |
A Coruña |
Boqueixón |
CFEA de Sergude |
López Rey, Brais |
Instalación e mantemento |
A Coruña |
Cedeira |
IES Punta Candieira |
Martíns Lago, Tamara |
Administración e xestión |
A Coruña |
Cee |
IES Fernando Blanco |
López Hinojosa, Aldara |
Artes gráficas |
A Coruña |
Ferrol |
CIFP Leixa |
Álvarez Felgar, Tania |
Seguridade e ambiente |
A Coruña |
Ferrol |
IES Concepción Arenal |
Caamaño Outón, Laura |
Sanidade |
A Coruña |
Noia |
IES Campo de San Alberto |
Pampín Gómez, Carla |
Química |
A Coruña |
Santiago de Compostela |
CIFP Politécnico de Santiago |
Ferreiroa Mosquera, Mauro |
Actividades físicas e deportivas |
A Coruña |
Santiago de Compostela |
IES Plurilingüe Rosalía de Castro |
Salvado Millán, Yolanda |
Hostalaría e turismo |
A Coruña |
Santiago de Compostela |
IES Plurilingüe Rosalía de Castro |
Couceiro Bañol, Juan Diego |
Transporte e mantemento de vehículos |
Lugo |
Lugo |
CIFP As Mercedes |
Pol López, Artur |
Enerxía e auga |
Lugo |
Lugo |
CIFP As Mercedes |
Taboada Senaz, Ernesto |
Imaxe persoal |
Lugo |
Monforte de Lemos |
IES A Pinguela |
Fernández Vázquez, Miguel Alejandro |
Industrias alimentarias |
Lugo |
Sober |
CPR Belarmino Fernández Iglesias |
Cancela Seijas, José Manuel |
Fabricación mecánica |
Lugo |
Xove |
IES Illa de Sarón |
Domínguez Táboas, Óscar |
Servizos socioculturais e á comunidade |
Pontevedra |
Mos |
CPR Plurilingüe Lar |
Rivas Otero, Alba |
Comercio e márketing |
Pontevedra |
O Porriño |
IES Ribeira do Louro |
Fernández Pérez, Raquel |
Téxtil, confección e pel |
Pontevedra |
Vigo |
CIFP Manuel Antonio |
Álvarez Gallego, Noelia |
Madeira, moble e cortiza |
Pontevedra |
Vigo |
CIFP Valentín Paz Andrade |
Rodríguez Posada, Paula |
Electricidade e electrónica |
Pontevedra |
Vigo |
CPR Colegio Hogar Afundación |
Castro Blanco, Armando |
Informática e comunicacións |
Pontevedra |
Vigo |
IES de Teis |
Piñeiro Budiño, José Javier |
Marítimo-pesqueira |
Pontevedra |
Vigo |
Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico |