Premiados 20 estudantes da ESO
Un total de 20 estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) veñen de resultar galardoados cos premios da Xunta de Galicia ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2020/21, tal e como publica o Diario Oficial de Galicia.
Estes galardóns que cada ano convoca a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, recoñecen a capacidade de superación destes alumnos que estudaron nese curso 4º de Secundaria e conseguiron superar as súas dificultades de tipo persoal, educativas ou do contorno familiar ou sociocultural, no marco dun ensino comprensivo e integrado. Para tal fin, a Consellería destina un total de 16.000 euros para estes premios a razón de 800 euros por cada un dos 20 galardóns que se conceden.
Cómpre subliñar que o obxectivo final destes galardóns é que os premiados sexan un exemplo para compañeiros e compañeiras en situacións similares, poñendo en valor o especial esforzo que supón acadar o éxito na escola para os estudantes que proceden de contornos socioculturais desfavorecidos, de contornos familiares disfuncionais, en proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal ou a súa inserción social.
Relación de centros con estudantes galardoados:
PROVINCIA CONCELLO CENTRO A CORUÑA A CORUÑA IES Agra do Orzán A CORUÑA A LARACHA IES Agra de Leborís A CORUÑA ARTEIXO IES de Pastoriza A CORUÑA BOIRO IES Plurilingüe A Cachada A CORUÑA CAMBRE IES David Buján A CORUÑA CULLEREDO IES Eduardo Blanco Amor A CORUÑA NEGREIRA IES Xulián Magariños A CORUÑA SADA IES Isaac Díaz Pardo A CORUÑA SAN SADURNIÑO CPI de San Sadurniño LUGO MONFORTE DE LEMOS IES Río Cabe LUGO VILALBA IES Santiago Basanta Silva OURENSE O CARBALLIÑO CPR Plurilingüe Sagrado Corazón PONTEVEDRA CALDAS DE REIS CPI Plurilingüe Alfonso VII PONTEVEDRA MORAÑA CPI Plurilingüe Santa Lucía PONTEVEDRA PONTEVEDRA IES A Xunqueira I PONTEVEDRA SILLEDA IES Plurilingüe Pintor Colmeiro PONTEVEDRA TOMIÑO IES Antón Alonso Ríos PONTEVEDRA VIGO IES Valadares (2 alumnos premiados) PONTEVEDRA VIGO CPR Plurilingüe Escuelas Nieto