Na Semana Global de Redución de Residuos, na praza da Ferreiría, en Pontevedra, este sábado ás 17.00 horas

Amigos da Terra organiza un taller de identificación de microplásticos de areas das nosas praias

Durante toda esta semana veuse celebrando a Semana de Redución de Residuos na que reclamamos ás empresas alternativas duradeiras aos plásticos dun só uso e demandandolle alternativas ao uso desmedido de plásticos.

Desde Amigos da Terra esiximos accións de redución en orixe, prohibindo os produtos plásticos facilmente sustituibles, establecendo porcentaxes de redución vinculantes e optando por envases reutilizables e produtos a granel. Nesta liña é necesaria a implantación de sistemas de xestión que axuden na transición ao residuo cero, como son os sistemas de depósito e retorno, recomendados pola Comisión Europea, que aumentan as porcentaxes de reciclaxe e permiten a reutilización de envases. Para rematar, é necesario que as empresas que poñen no mercado produtos de plástico de usar e tirar, asuman a súa responsabilidade, asegurando e financiando a totalidade da recolleita, preparación para a reutilización e reciclaxe.

Dentro desta Semana Global de Redución de Residuos, Amigos da Terra organiza para este sabado 16 de novembro, a partir das 17.00 horas, unha actividade práctica an que realizaremos un taller de identificación de microplásticos de areas das nosas praias, poñendo o foco na problemática ocasionada pola contaminación de plásticos nos ecosistemas mariños e terrestres.