Máis de 200.000 estudantes de ESO, Bacharelato, FP e Ensinanzas de Réxime Especial comezan o curso este mércores

Máis de 209.000 estudantes comezarán o vindeiro 15 de setembro as clases na Secundaria, Bacharelato, FP e Ensinanzas de Réxime Especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas), segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Así o avanzou hoxe o conselleiro, Román Rodríguez, nunha visita aos colexios CEIP Plurilingüe San Bartolomé e de CEIP de San Roque, na localidade pontevedresa de Vilanova de Arousa.

O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia quixo destacar o dinamismo deste centro vilanovés, que participa nalgún dos programas destacados da Xunta de Galicia. Non en balde, o de San Bartolomé é plurilingüe desde o ano 2018 e o de San Roque incorporouse á iniciativa de libro dixital E-Dixgal no curso 2019/20. Ademais, ambos contan con seccións bilingües e forman parte desde hai anos do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE).

FP GALEGA

As cifras de matriculación non serán definitivas ata dentro dunhas semanas, dado que aínda nos últimos días se realizaron exames de recuperación en Secundaria. Ademais, aínda e posible matricularse nos ciclos formativos que contan con prazas libres.

Malia a provisionalidade dos datos, segundo as estimacións da Consellería, en ESO e Bacharelato apenas se producen variacións, con cambios focalizados nos últimos cursos. Ademais, prodúcese un incremento moi considerable de alumnos na FP galega, con preto de 3.000 alumnos máis. Deste xeito, o número total de alumnos nestas ensinanzas elevaríase a arredor de 60.500.

Neste sentido, cómpre salientar o crecemento ao abeiro dos novos másteres de FP, que superan os 600 matriculados, cubrindo as 540 prazas de nova creación este ano. Así mesmo, a FP Dual superará os 2.000 matriculados, en máis de 160 proxectos.

ESO

Segundo as estimacións e datos provisionais da Xunta de Galicia, 94.187 alumnos comezarán o curso en ESO, o que supón 448 menos ca no curso 2020/21.

Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:

 Centros públicosCentros concertadosCentros privados
A Coruña 28.383 alumnos10.072 alumnos976 alumnos
Lugo7.130 alumnos2.006 alumnos255 alumnos
Ourense5.622 alumnos3.185 alumnos128 alumnos
Pontevedra24.980 alumnos10.459 alumnos991 alumnos
Total66.115 alumnos25.722 alumnos2.350 alumnos

BACHERALATO ORDINARIO

Por outra banda, os mesmos datos provisionais que manexa a Consellería indican que 33.002 alumnos e alumnas comezarán o mércores as clases de Bacharelato ordinario en Galicia, o que supón 128 máis ca no curso 2020/2021.

Por tipo de centros e por provincias a distribución é a seguinte:

 Centros públicosCentros privados
A Coruña11.419 alumnos2.878 alumnos
Lugo2.932 alumnos347 alumnos
Ourense2.488 alumnos595 alumnos
Pontevedra10.442 alumnos1.901 alumnos
Total27.281 alumnos5.721 alumnos

ENSINANZAS DE ADULTOS


No que atinxe ás ensinanzas de réxime especial, en concreto no referido ás básicas, de Secundaria e Bacharelato para adultos e ao Bacharelato semipresencial ou a distancia, segundo os datos provisionais prodúcese un lixeiro incremento do alumnado (299 estudantes máis) respecto do curso 2020/21, ata chegar a un total de 9.642 alumnos.

A distribución por provincias e ensinanzas no curso 2021/22 é a seguinte:

 A CoruñaLugoOurensePontevedraTotal
Ensinanzas básicas nivel I159 alumnos248 alumnos24 alumnos148 alumnos579 alumnos
Ensinanzas básicas nivel II246 alumnos39 alumnos18 alumnos153 alumnos456 alumnos
Ed. Secundaria adultos niveis I e II1.897 alumnos490 alumnos430 alumnos1.303 alumnos4.120 alumnos
Bacharelato presencial453 alumnos20 alumnos67 alumnos427 alumnos967 alumnos
Bacharelato semipresencial/distancia1.407 alumnos255 alumnos162 alumnos351 alumnos2.175 alumnos
Ensinanzas non regradas255 alumnos307 alumnos323 alumnos460 alumnos 1.345 alumnos

ENSINANZAS ARTÍSTICAS E DEPORTIVAS


Pola súa banda, o número total de estudantes nas ensinanzas artísticas acada este curso os 10.155, 172 menos ca no curso anterior.

En concreto, nas ensinanzas regradas de música, segundo as estimacións da Consellería, o número de alumnos será de 8.004, 163 menos ca no ano académico 2020/21:

 A CoruñaLugoOurensePontevedraTotal
Conservatorios de música e Centros autorizados de música3.214 alumnos973 alumnos951 alumnos2.866 alumnos8.004 alumnos

No caso das ensinanzas regradas de danza o número de matriculados é de 341, sete menos ca no curso 2020/21; mentres que nas de arte dramática haberá 183 alumnas e alumnos, 12 máis ca no ano académico anterior.

Pola súa banda, o alumnado matriculado en ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño aumenta en 14 alumnos, con 843 estudantes. No caso das ensinanzas artísticas superiores haberá 784 matriculados, 28 menos ca no curso anterior.

Finalmente, nas ensinanzas deportivas o incremento de alumnado é de 637 estudantes acadando os 1.928 alumnos.

Centros escolares
Os centros (públicos, concertados e privados) que imparten as devanditas ensinanzas quedan distribuídos do seguinte xeito:

 A CoruñaLugoOurensePontevedraGalicia
Educa. Primaria e Secundaria (1)54252164164
C. de ESO16321435
C. de ESO e ensinanzas postobrigatorias83352572215
C. de ensinanzas postobrigatorias4011123093
C. de primaria, ESO e ensinanzas postobrigatorias (1)33472771
C. de adultos (2)322310
TOTAIS2298069210588

(1) Inclúense os centros que imparten tamén o segundo ciclo de educación infantil.
(2) Inclúense nesta categoría os centros que imparten exclusivamente ensinanzas de adultos