O Porriño celebra o Día do ciclismo

Marcha Ciclista.
A marcha ciclista gratuíta sairá ás 10 h da Praza Arquitecto Antonio Palacios.A ruta, organizada pola concellería de Deportes coa colaboración de Avanza Escola de Ciclismo, Master da Louriña e Eurobanan Galicia, está enmarcada na programación das Festas do Cristo.

Os afeccionados do ciclismo teñen unha cita este domingo co Día do ciclismo, unha marcha ciclista de carácter non competitivo na que caben todas as persoas afeccionadas á bicicleta.

A ruta, organizada pola concellería de Deportes coa colaboración de Avanza Escola de Ciclismo, Master da Louriña e Eurobanan Galicia, está enmarcada na programación das Festas do Cristo.

A saída terá lugar ás 10 h desde a praza Arquitecto Antonio Palacios. É unha marcha fácil e apta para todos, totalmente gratuíta que require inscrición previa. Todos aqueles interesados/as en participar deben inscribirse cumprimentando o seguinte formulario: https://shorturl.at/dgs27