Bádminton este fin de semana en Ponteareas

O concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, con José Luis Soto, de ADECONPAR, e Víctor Lemos, do Club Bádminton Ponteareas.

O

concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, presentou xunto a José Luis Soto, de

ADECONPAR, e Víctor Lemos, do Club Bádminton Ponteareas, a 4ª xornada Copa

Promoción Bádminton XOGADE que se celebrará este sábado 7 de febreiro en

Ponteareas.

Serán

oito xornadas deportivas, desarrolladas en diferentes sedes, Vigo, Salceda,

Crecente, Marín e Ponteareas.

Esta

xornada será o turno das categorías, alevín e cadete con preto de 60

deportistas inscritos que se verán as caras no pavillón municipal do complexo

deportivo Álvaro Pino de Ponteareas en horario de 16:00h a 20:30h.

Esta

Copa está patrocinada polo Servizo de Deportes Provincial da Xunta de Galicia e

coa colaboración de Adecompar, Concello de Ponteareas, Federacion Galega de

Bádminton e o Club Bádminton Ponteareas.

Inscricións

gratuítas: copa.bad.pontevedra@gmail.com

A

concelleira de Deportes, Nahir Covelo, e o concelleiro Miguel Bouzó convidan a

toda a cidadanía a desfrutar desta competición aberta ao público que supón unha

oportunidade máis de promoción dos e das deportistas de todos os clubs.