viernes. 22.11.2024

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou esta mañá o Hotel Balneario de Laias, da rede Caldaria, que é o centro de concentración do Centro de Adestramento de Remo e Piragüismo de Laias, Arnoia e Castrelo de Miño (Cerlac). Alí atópanse concentrados os deportistas da selección nacional absoluta de remo entre os que destaca o galego Rodrigo Conde.

Os padexeiros e padexeiras preparan en Laias a cita olímpica, para aqueles barcos que xa teñen conseguida a clasificación para Toquio 2020 como é o caso de Rodrigo Conde e o seu compañeiro Manel Belastagui no dobre scull lixeiro, así como a vindeira regata clasificatoria olímpica que se celebrará en Lucerna (Suíza).

A Selección Nacional Absoluta de Remo concentrada en Laias na súa preparación olímpica